O presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, asegurou hoxe durante clausúraa da Conferencia de Educación do PP que, tras a formación do seu Goberno, convocará persoalmente ao principal partido da oposición, a todos os poderes públicos, aos axentes económicos e sociais, e aos representantes do mundo educativo, para a definir os obxectivos e medidas que configurarán unha estratexia nacional sobre Educación: Quero que a próxima lexislatura sexa a da mellora educativa? afirmou, e para iso ?comprométome a impulsar unha estratexia nacional para a mellora da educación co horizonte temporal dunha década?.
Así, Rajoy, asegurou que, entre os obxectivos prioritarios do seu partido en materia de Educación, están alcanzar en oito anos unha taxa de gradación en educación secundaria do 90 por 100 do alumnado, reducir o abandono educativo temperán, mellorar os resultados escolares en lingua e matemáticas, promover a vertebración do sistema educativo, diminuír a diferenza que existe con respecto á media europea en canto ao alumnado que cursa a Formación Profesional de grao medio, entre outros.
O presidente popular dixo que non acepta que haxa ?unha España con distintas velocidades en materia educativa. Non me resigno a que un mozo dunha Comunidade Autónoma teña menos oportunidades que un mozo doutra Comunidade. Para iso o presidente do PP, explicou que proporá un Fondo para a Cohesión e a Calidade da Educación que impulse as políticas públicas de interese xeral en materia educativa e que asegure que o dereito á educación sexa exercido en condicións básicas de igualdade en todo o territorio nacional.
No hay comentarios:
Publicar un comentario