Queridos afiliados e simpatizantes de NNXX Santiago:
Vos invitamos a participar na celebración do Día da Hispanidade, que NNXX de Santiago ha convocou para opróximo luns, día 12 de Outubro ás 11:30 na Praza do Obradoiro.
Concentrarémonos para dar lectura a un manifesto de conciliación a favor do desprexuizamento dos nosos símbolos.
Vos animamos a que viñades e avisedes a todas aquelas persoas que saibades que poden estar interesadas. Se tedes algunha bandeira ou prenda de vestir de España tamén podedes traela.
Esperamos veros a todos o día 12! Unha aperta
NNXX Santiago de Compostela
viernes 9 de octubre de 2009
Día da Hispanidade
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
11:49
0
comentarios
lunes 12 de enero de 2009
COLOQUIO CO PROFESOR BASTOS
Sabeis que neste ano a nosa organización ten especial interese en todo o relativo á formación d@ moz@s
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
17:37
0
comentarios
jueves 25 de diciembre de 2008
FELICITACIÓN DE NADAL
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
12:22
0
comentarios
ACTO DE AFILIACIÓN
O vindeiro venres 26 de Decembro ás 11.00 h. celébrase no Hotel Araguaney de Santiago un acto de afiliación co que contaremos coa presenza do noso Presidente Nacional Mariano Rajoy.
Como sempre a presenza de membros de Novas Xeracións é moi importante, sobre todo agora, cando as eleccións autonómicas están máis preto. Por iso anímoche a que nos acompañes para mostrar todo o noso apoio tanto a Mariano Rajoy como a Alberto Núñez.
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
12:19
0
comentarios
jueves 4 de diciembre de 2008
DESCONVOCADA A CONFERENCIA DE FEIJÓO
ESTUDIANTES LIBERAIS DE GALICIA VESE OBRIGADA A DESCONVOCAR A CONFERENCIA DE ALBERTO NÚNEZ FEIJÓO QUE TIÑA PROGRAMADA PARA HOXE, 4 DE DECEMBRO, NA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS DA USC.
Ante os impedimentos que a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC ten posto para a celebración da conferencia organizada pola nosa Asociación, ELGA viuse obrigada a suspender hoxe mesmo dito acto.
O Departamento de Ciencia Política e da Administración, enviou onte pola noite, 3 de decembro de 2008 ás 20.22h unha comunicación notificando a imposibilidade de utilización do uso do Salón de Graos da devandita Facultade.
Máis de douscentos estudantes tiñan confirmada asistenacia a este acto ao que estaba invitado o Presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo.
ELGA quere transmitir as súas desculpas a todos aqueles que tiñan pensado acompañarnos nesta tarde en Santiago, así como ó Preseidente do Partido máis votado nas últimas eleccións autonómicas que sempre se amosou disposto a colaborar.
ELGA, Asociación inscrita no Rexistro de Asociacións Estudiantís da USC, seguirá apostando por levar á Universidade a persoeiros da vida política, académica, social e económica para conseguir que esta Institución sexa un verdadeiro foro de intercambio de opinión.
Neste senso voltaremos a organizar a Conferencia prevista en vindeiras datas.
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
18:12
0
comentarios
lunes 1 de diciembre de 2008
NÚÑEZ FEIJÓO NA USC
O vindeiro xoves, 4 de Decembro, e a partir das 16:30h, terá lugar a conferencia do Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo na facultade de Ciencias Políticas do Campus Sur de Santiago de Compostela.
Pola importancia do acto, e a repercusión que as conferencias na Universidade sempre teñen nos medios de comunicación, pedímosvos a máxima difusión desta información, e que todos os que podais vos acerqueis ata alí para seguir demostrando o noso apoio.
Publicado por
Novas Xeracións de Santiago de Compostela
en
23:12
0
comentarios
