lunes, 21 de enero de 2008

Máis de cen mil galegos votarán por primeira vez nunhas xenerais

Un total de 103.356 galegos residentes en España están chamados a votar por primeira vez nunhas eleccións xerais, as que terán lugar o próximo 9 de marzo, aínda que boa parte deles xa puideron exercer este dereito na cita coas municipais (o pasado 27 de maio de 2007) e ata coas autonómicas (o 19 de xuño de 2005).

Só para 19.385 mozos será esta elección de representantes ás Cortes Xerais o primeiro proceso electoral no que poderán participar por chegar a el estreando a maioría de idade, segundo os datos da Oficina do Censo Electoral.
En calquera caso, o total de mozos que poderán contribuír co seu voto por primeira vez á elección da que sairá o novo presidente do Goberno central representa case o 4% do censo de galegos residentes en territorio nacional.

Nos comicios de fai catro anos, cando o PSOE logrou acceder ao poder e situar a Rodríguez Zapatero como presidente do Executivo o colectivo galego que estaba convocado a votar por primeira vez nunha cita estatal era máis numeroso, ascendía a 126.866 mozos, concretamente sumaban 23.510 máis que na convocatoria do próximo mes de marzo, e representaban o 5,5% do total.

No polo oposto en canto á táboa de idades, o colectivo dos xubilados (a partir de 65 anos) no censo electoral galego (sen contabilizar aos do exterior) suman un total de 606.798, que teñen un peso relativo sobre o conxunto de electores do 26,2%.

Os votantes entre 30 e 44 anos superan no medio punto aos maiores, e alcanzan a cifra de 614.581 (o 26,5%). Mentres, a franxa de mozas, en idades comprendidas entre 18 e 29 anos, suman 384.669, que significan o 16,6% dos electores galegos. O Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) supera en 20.000 electores ao total dos da provincia de Lugo e en máis de 40.000 aos de Ourense

No hay comentarios: