A oposición volveu onte á carga polo prazo «desproporcionado» con que o Ministerio de Fomento sacou a licitación a construción do túnel do Hórreo. Os populares coinciden co PSOE e o BNG en que non hai razóns técnicas que xustifiquen ese tempo e que a decisión ministerial «é só por cuestións orzamentarias». E é «inadmisible», di o concelleiro Ricardo García-Borregón, que se amplíe o prazo, e en tal medida, «por cuestións políticas».
Pero as súas críticas non alcanzan unicamente ao departamento gobernamental que dirixe Magdalena Álvarez. Tamén ao goberno municipal, e máis expresamente ao alcalde, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, ao que non só achaca non haberse preocupado por esta circunstancia, senón tamén falta de peso político. «Creo que Fomento pasa de Bugallo» e que lle están tomando o pelo», dicía onte Borregón, responsable do seguimento de infraestruturas desde a oposición e para quen «Santiago e Galicia teñen unha maldición con esta ministra».
No hay comentarios:
Publicar un comentario