Feijoo apuntou e disparou con maior precisión que Rajoy. Comparou a Pérez Touriño con réinaa nai de Inglaterra no seu papel de presidente da Xunta, e de Quintana dixo que é un vicepresidente con dereito a veto sobre todas as decisións. Do comportamento dos dous indicou Feijoo que o único que fan en período electoral é pelexarse entre si para quitarse votos.
Dende Nadal, asegurou Feijoo, o bipartito non realizou ningún acordo, e do último Consello da Xunta asegurou que pasará á historia porque o único que se adoptou foi a declaración da Festa de Filloa de Lestedo como festa de interese turístico. O presidente dos populares galegos garantiulle a Rajoy que en Galicia «vas ter maioría absoluta» e avisou que os comicios dirán moi alto e claro ao bipartito: «Vos queda un ano para facer algo por Galicia, porque non 2009 hai eleccións e se vos acabou o choio», sinalou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario