miércoles, 30 de enero de 2008

ARGUMENTOS PARA GAÑAR

  1. A Europa que toma decisións e que se remanga para facer fronte á crise deixou só a Zapatero, que queda illado no seu monólogo de que non hai crise.
  2. Os líderes dos catro grandes de Europa -Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia- e a Comisión Europea mantiveron un encontro transcendental en Londres. Ninguén se acordou de invitar a Zapatero e, o que é peor, ninguén lle botou de menos.
  3. Si lle botamos de menos os cidadáns españois, que onte estivemos mudos en Europa por culpa do autismo diplomático dun Goberno que potenciou un modelo de relacións exteriores baseado no amiguismo con réximes dubidosos.
  4. A diplomacia de Zapatero consiste nunha axenda en branco, críticas aos líderes que sucesivamente van gañando eleccións en Europa e unha presenza meramente testemuñal nos consellos europeos, aos que vai cubrir o expediente e a dar unha rolda de prensa.
  5. O Goberno de Zapatero nunca está no sitio adecuado no momento oportuno. Cando Europa debate o seu futuro, está en África ou en Oriente Medio. Cando hai que elaborar unha estratexia para o control dos fluxos migratorios provenientes de África márchase a Iberoamérica. Cando o mundo debate sobre a cuestión de Oriente Medio, faise a foto co pano palestino para que se lle exclúa de calquera papel mediador.
  6. Non lle invitaron ao Cume de Londres, pero é evidente que o presidente español non está para viaxes. Zapatero está moi atareado, forzando aparicións na televisión pública que pagamos todos, intentando explicar esa proposta inexplicable dos 400 euros.
  7. Canto máis explica esta medida máis impresentable parece todo o asunto da promesa: é unha idea improvisada sobre a que os propios socialistas non están de acordo, é insolidaria e inxusta, é inmoral e é, ante todo, unha chapuza. Unha ocorrencia económica que xustifica que non lle inviten a ningunha reunión medianamente seria na que se fale de economía

No hay comentarios: