O PPdeG, que ultima varias viaxes de Alberto Núñez Feijoo ao estranxeiro durante a campaña para achegarse á diáspora, considera que queda moito por traballar en favor da limpeza do voto exterior. Afonso Rueda, secretario xeral do partido en Galicia, mantén que a súa formación tratará de lograr que se implante para a emigración o voto en urna en todo tipo de comicios. «Hai que facilitar máis os trámites e lograr que o voto exterior sexa máis limpo para un colectivo que pesa tanto en Galicia e que aínda se atopa con moitos trámites para poder exercer un dereito como como o do voto», manifesta o número dous dos populares galegos.
Rueda reclama finalmente máis controis nos censos municipais para evitar picarescas e que con eles se semente a dúbida sobre a lexitimidade de calquera cita electoral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario