O PP reclama do goberno municipal que instale unha rede wifi ou wimax en Santiago para prestar servizo aos máis novos, cunha atención especial á zona rural.
A concelleira responsable desta área na oposición, María Seoane, presentou onte unha moción solicitando que se implante en Santiago un espazo municipal dixital nova "para que a nosa cidade instálese no século XXI da tecnoloxía, ofrecendo aos mozos santiagueses e aos estudantes conexións a Internet que lles permitan informarse en todo momento".
Esta rede tería como principais funcións a prestación, información e servizos das administracións públicas, ofrecer servizos e información cultural e permitir a realización de xestións como renovación de documentos, solicitudes, bonos de transporte ou bolsas.
Para rematar, sinalan que debería instalarse de forma preferente en espazos públicos da cidade de uso maryoritariamente xuvenil, como poderían ser, entre outros, centros socioculturais, parques e xardíns, casas asociativas, bibliotecas, museos ou recintos académicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario