martes, 8 de enero de 2008

Conde Roa acusa ao goberno de 'plagiarle' o Foro contra o botellón

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Gerardo Conde Roia, manifestou onte, en Correo TV, que a "oposición seguirá presentando propostas ao goberno municipal aínda que primeiro digan que non e logo acaben copiando a iniciativa, posto que deste xeito impulsaremos o labor dun goberno neste momento falto de seriedade". Así de rotundo se manifesó Conde Roia ante o anuncio que fixo recentemente o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, de crear o Foro polo Civismo, como unha das medidas para afrontar o tema do botellón na cidade.
O PP solicitou a creación dunha comisión específica sobre este tema no último pleno extraordinario que se celebrou fai 15 días en Raxoi. Unha vez denegada por parte do goberno municipal, o grupo da oposición manifestou a súa intención de pola en marcha ante a negativa do Concello a crealas, "como sucedeu co caso do Batallón Literario", explicou o portavoz de Partido Popular.
Ademais, Conde Roia engadiu que se alegra de que se poña en marcha agora, porque "isto quere dicir que desde a oposición somos capaces de tomar iniciativas e lévanos a pensar que estamos facendo un labor importante". O líder da oposición explicou que, "a pesar de ser rexeitada nun inicio, non temos ningún problema en participar no Foro, porque ademais interésanos moitísimo escoitar aos diferentes colectivos cidadáns, saber que pensan e os seus puntos de vista". Pero tamén "o grupo popular estará moi atento ao seu desenvolvemento, porque non imos tolerar que sexa un Foro para marear a perdiz, senón para traballar e buscar solucións", subliñou.
O Foro polo Civismo nace con ánimo de ser portavoz e representante das propostas para terminar co problema do botellón. Sánchez Bugallo invitou a todos os representantes de diferentes ámbitos e sectores da cidade a participar neste organismo, tanto hostaleiros, veciños, novos ou medios de comunicación. Raxoi tomará nota doutros foros similares realizados noutras cidades españolas.

No hay comentarios: