O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, celebrou onte o anuncio realizado polo vicepresidente da Xunta e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, de que está disposto a participar en debates públicos convocados polos medios de comunicación con motivo das próximas eleccións xerais do 9 de marzo. Quintana realizou estas declaracións no transcurso dunha convención de candidatos nacionalistas que se celebrou o sábado en Santiago.
Coa vista posta nos comicios de marzo, o líder dos populares galegos subliñou que confía en que tamén o presidente da Xunta e secretario xeral do PSDEG, Emilio Pérez Touriño, sómese á proposta de Quintana e acepte acudir aos debates públicos, algo ao que se negou nas pasadas eleccións municipais.
Núñez Feijoo indicou, neste sentido, que ademais dos posibles debates entre os líderes das formacións galegas tamén sería oportuno que os candidatos ao Congreso e ao Senado polas catro provincias galegas puidesen intercambiar as súas opinións.
«Os cabezas de lista do PP estarán a disposición dos medios de comunicación para debater sobre os catro anos do Goberno socialista, así como para expor as propostas dos populares», engadiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario