O ex presidente da Xunta Xerardo Fernández Albor recibe mañá unha homenaxe, no que se darán cita numerosas personalidades da vida política, social e cultural de Galicia. Fernández Albor asegura que este recoñecemento atafégalle" e quere deixar constancia do agradecemento que sente por cantos van facer posible esta cita.
- Como valoraría aqueles anos nos que vostede se converteu no primeiro presidente autonómico de Galicia?
- Eu resumiría aquel período dicindo que o único que fixen foi cumprir co meu deber. Eu, que pola miña profesión estaba afeito animar á xente, estaba á marxe da actividade política a pesar das propostas que me facían. Recordo que cando tomei a decisión, o meu perruqueiro díxome: Pero don Gerardo, co ben que vostede vivía, como se meteu a isto. Pero eu non durmía tranquilo pensando no compromiso coa miña terra e cando dei o paso sentinme tranquilo por poder traballar por ela.
- Cal era o clima que se respiraba naqueles anos de transición e acceso á autonomía?
- Para min o máis importante daqueles anos era a ilusión colectiva de todos. E o clima de compañeirismo que existía entre os adversarios políticos, algo que agora boto de menos. Eu creo que debe haber discrepancias políticas, pero tamén digo que hai que estar unidos no fundamental. Haberá que traballar nas diferenzas lexítimas, pero hai que defender o sistema democrático e defender a Galicia, a España e a Europa.
- A quen, se se pode falar así, habería que botarlle a culpa da súa entrada en política?
- Sen dúbida a Ramón Piñeiro. El foi quen me animou a esta tarefa. Coñeciámonos desde facía moitos anos, como a García Sabell, a Fernández da Rega ou Xaime Illa. Eran os homes da Xeración Galaxia. Con el adquirín ese compromiso político e, modestamente, estou feliz de poder pasar á historia. A transformación de Galicia foi asombrosa: os que naceron fai vinte anos se cadra non son conscientes dese cambio; pero nós, si. Hai un antes e un logo da autonomía para Galicia. É coma se fose outro país.

No hay comentarios:
Publicar un comentario