Confirmados os cabezas de lista para o Congreso polas catro provincias, o PP galego decidirá a semana que vén o resto dos integrantes de cada candidatura e os seus aspirantes ao Senado. Entre os designados para a Cámara alta figurarán a ex alcaldesa de Vigo Corina Porro; o presidente do PP coruñés e ex alcalde de Ferrol, Juan Juncal, e o que fose candidato popular á alcaldía de Santiago nas municipais de maio, Gerardo Conde Roa.
No PP galego tamén consideran probable que Xullo Álvarez, que foi presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e vicepresidente da Deputación de Lugo, poida ocupar unha praza de senador pola provincia que achega a principal ausencia, a de Cacharro Pardo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario