miércoles, 30 de enero de 2008

Conde Roa defenderá a Santiago no Congreso


O portavoz municipal do PP no Concello de Santiago, Gerardo Conde Roia, ten practicamente garantida a súa acta de deputado no Congreso, xa que será o número 2 na lista provincial do Partido Popular, pero non por iso vai abandonar as súas funcións na Corporación municipal compostelá. "Vou estar no Congreso, se Divos quere e os electores votan, e seguirei no Concello, como concelleiro e como portavoz", explicaba onte a este xornal o avogado e político compostelán.

A súa entrada na lista despraza á que foi a súa sucesora na política local, María Jesús Sáinz, á candidatura ao Senado, logo de catro lexislaturas consecutivas no Congreso.

Aínda que prevé manter ao cento por cento as súas funcións á fronte do grupo municipal do Partido Popular, Conde Roia asume que a súa entrada no Congreso vai supor "un cambio de ritmo", aínda que iso non vai supor que "deixe a Santiago nin á cidadanía" que lle colocou á fronte da oposición local. Por contra, asume como "unha honra" a tarefa de "representar á cidade no Congreso".

"Non é unha situación nova", apunta, que os portavoces da oposición compatibilicen esta tarefa "con outras dedicacións". Conde Roia aclara que hai "ata alcaldes" que foron ao mesmo tempo senadores ou deputados.

No hay comentarios: