miércoles, 26 de diciembre de 2007

O PP lamenta o retroceso da calidade educativa

SANTIAGO. A voceira de Educación do Grupo Popular, Manuela López Besteiro, considera que Xunta e Goberno central están tratando de suplir con falso entusiasmo o retroceso que está a acusar a calidade do sistema educativo, tal e como acredita o Informe Pisa divulgado recentemente.
O entusiasmo oficial, forxado a través dunha manipulación interesada dos datos, deixa tras de si unha realidade ben diferente. O calidade dos sistema educativo retrocedeu no conxunto do Estado. España pasou de ocupar o posto 27, no informe de hai tres anos, a situarse no posto 31 no contexto internacional, a pesar de que desde entón se incorporaron ao informe Pisa un total de 17 novos países, entre os que se sitúan Azerbaián ou Kirguizistán, que non contribúen precisamente a incrementar a media da calidade do sistema educativo no seu conxunto, como sinala López Besteiro.
Baixa compresión lectora
En clave galega, para a deputada popular non convén pasar por alto o deterioro rexistrado na comprensión lectora dos alumnos, unha variable esencial que determina, por si mesma, o éxito ou fracaso o calquera estudante. Galicia sitúase, xunto con Castela e León, Aragón e Cataluña, no terceiro posto pola cola entre o conxunto das Comunidades Autónomas españolas. Esta carencia queda de manifesto noutros estudos científicos, como o denominado Informe PIRLS, de ámbito internacional, que analiza a comprensión lectora dos alumnos de cuarto de primaria.
En ciencias, Galicia tamén aparece como a terceira Comunidade pola cola; só os estudantes do País Vasco, Cataluña e Andalucía presentan peores resultados. Nestas materias é onde máis se advirten as diferenzas entre as distintas Comunidades, que tenden a acentuarse co paso do tempo. En coñecementos científicos destacan os alumnos da Rioxa e Castela e León, que si poden equipararse aos de Finlandia, lonxe do que acontece en Galicia, pese ás interpretacións oficiais interesadas.
A situación tampouco mellora en matemáticas, pese á doutrina oficial que mantén o contrario desde unha postura «conforme coa mediocridade». Galicia sitúase como a penúltima comunidade española pola cola en matemáticas, só superada por Andalucía.
A xuízo de López Besteiro, que a Administración educativa trate de culpar a pais e profesores do retroceso cualitativo rexistrado nos últimos anos constitúe unha «indecencia». Na súa opinión, a orixe hai que buscala nos constantes cambios normativos rexistrados, posto que desde a transición lévanse promulgado seis leis educativas diferentes: Loece, Lpde, Lopeg, Logse, Loce e Loe. Na práctica, estes cambios traducíronse nunha crecente indisciplina nas aulas, falta de autoridade dos mestres e perda de recoñecemento social do labor docente, con plans de estudo que cada vez son menos esixentes cos alumnos e unha paulatina degradación do nivel cultural e académico.
Neste contexto, López Besteiro sinala que tres de cada catro profesores amósanse partidarios de volver ao sistema educativo anterior la LOGSE, máxime tendo en conta que as reformas impulsadas pola última norma -a LOE- prevén manter o sistema educativo en permanente reforma ata o ano 2011.
Os datos de fracaso escolar tampouco ofrecen unha lectura optimista. O primeiro curso escolar xestionado polo Goberno bipartito saldouse cun incremento de dous puntos no fracaso escolar, ao pasar dun abandono do 23,6% en 2005 ao 25,6% en 2006. En Formación Profesional os datos son aínda peores: o fracaso escolar aumentou en 11 puntos nos ciclos superiores nos últimos anos ata o punto de que no curso 2005-2006 só aprobou un de cada dous alumnos matriculados.
Incentivar la adquisición
Con estes antecedentes, a voceira de área do Grupo Popular insta á Consellería de Educación a retirar a anunciada campaña propagandística coa que pretende trasladar os resultados do Informe PISA aos pais e aos centros. Con estes cartos, o PPdeG propón habilitar unha liña de axudas para que os país con menos recursos económicos podan mercar libros destinados a crear bibliotecas familiares que contribúan a mellorar o rendemento escolar dos cativos.

No hay comentarios: