jueves, 27 de diciembre de 2007

Conde Roa pide consenso para as "regras" do municipio

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Gerardo Conde Roa, solicitou onte ao alcalde que "reflexione sobre a súa intención de impor un regulamento municipal", e pediulle que "busque o consenso". E é que o líder da oposición entende que "as regras do xogo que rexen a Corporación deberían ser estables e servir para o futuro". Conde Roa compara, así, a actitude de Bugallo "coa dun equipo de fútbol que intenta impor as súas normas a outro equipo". O Regulamento orgánico municipal do pleno do Concello debaterase hoxe en sesión ordinaria, ás 18.30 horas. E, segundo Conde Roa, "é un instrumento moi importante" para non "amordazar á oposición", para o "control do goberno" e "desde o punto vista democrático".

No hay comentarios: