O presidente do PP, Mariano Rajoy, afirmou hoxe durante unha entrevista no programa Protagonistas de Punto Radio, que está radicalmente en contra do que se fixo en Kósovo, porque non se pode declarar unilateralmente a independencia dun país sen acordo das partes e dunha resolución da ONU. Estou a favor de que non se recoñeza a Kósovo pero tamén que a diplomacia española dese mellor esa batalla. Se cremos, como dixo o señor Moratinos, que iso é ilegal, Moratinos e Zapatero deben explicar se imos seguir alí ou non, dixo. Eu teño claro que non debe haber ningún funcionario civil en Kósovo, sería unha incongruencia estar alí e dicir que o que se fixo é unha ilegalidade. Espero unha resposta entendible por parte do Goberno nesta materia?. Rajoy referiuse ademais ao anuncio de Fidel Castro de non repetir como presidente de Cuba. Para o presidente popular a noticia é boa porque o que queremos todos é que Cuba se converta nunha democracia e respéctese a liberdade, os dereitos dos cidadáns e a liberdade económica. Creo que Cuba é un país con futuro porque os cubanos son xente traballadora e emprendedora. Ojala isto sexa o principio da chegada da democracia a Cuba, dixo.
martes, 19 de febrero de 2008
Rajoy asegura que non debe haber ningún funcionario civil en Kósovo
Publicado por Novas Xeracións de Santiago de Compostela en 15:29
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario