O candidato ó Congreso polo Partido Popular, Xerardo Conde Roa, estará acompañado o vindeiro martes, día 12 de febreiro pola presidenta do PP do País Vasco, MARÍA SAN GIL, dentro do marco dos actos cos que o PP de Santiago inicia a precampaña electoral. A súa axenda comezará cunha visita á Cidade da Cultura, que comezará ás 10:45 horas, na que estarán acompañados por concelleiros e afiliados.
Posteriormente, trasladaranse á Facultade de Económicas, onde San Gil pronunciará unha conferencia, dentro do ciclo “A muller na sociedade e na economía”, co que este centro conmemora os 40 anos da súa existencia. No salón de graos, será a encargada de pronunciar a primeira destas, titulada “A aposta dunha muller polo progreso, pola convivencia e pola liberdade”.
HORA: 12:45hs

No hay comentarios:
Publicar un comentario