O Concello iniciou xa o envío das correspondentes invitacións a máis de trinta colectivos da cidade para que manifesten se están interesados en participar no foro cívico que a administración local decidiu promover para abordar o problema do botellón. Segundo o tenente de alcalde, Néstor Rego, o goberno está á espera de recibir contestación de todas elas para convocar a primeira reunión de devandito foro. Inicialmente preténdese que sexa en febreiro, segundo anunciara o alcalde, o socialista Xosé Sánchez Bugallo, no seu momento.
En función das reflexións que se motiven nese foro e das conclusións que se saquen, Raxoi decidirá se é necesaria algunha modificación normativa nas ordenanzas municipais, segundo indicou onte Rego ao ser preguntado por ese particular.
Dado que os mozos somos implicados nesta causa espero que se nos teña en conta á hora de participar neste foro. Seguirémosvos informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario