O presidente cubano, Fidel Castro, de 81 anos, anunciou hoxe que non aceptará de novo, por razóns de saúde, "o cargo de presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe", o que significa a súa xubilación tras 50 anos no poder e 19 meses de convalecencia.
"Comunícolles que non aspirarei nin aceptarei -repito- non aspirarei nin aceptarei, o cargo de presidente do Consello de Estado e Comandante en Xefe", reiterou nunha mensaxe que publica este martes o diario oficial "Granma".
O documento asinado por Castro, que delegou os seus cargos provisionalmente en xullo de 2006 no seu irmán Raúl, de 76 anos, afirma que "as novas xeracións contan coa autoridade e a experiencia para garantir a substitución".
Na Habana circulaban nas últimas semanas innumerables versións sobre que pasaría este domingo, desde as que auguraban un anuncio de retiro previo (e acertaron), ata as que xuraban que o carismático líder cubano xamais se xubilaría, a pesar dos seus padecimientos.
Segundo diplomáticos acreditados na Habana, queda por confirmar se a mensaxe de Fidel ratifica o novo liderado de Raúl, a quen se atribúe un pragmatismo e un desexo de reformas para paliar as agudas escasezas de alimentos, vivendas, transporte e outros produtos e servizos básicos que padecen os cubanos.
E resta por comprobar, agregan, que Raúl Castro saiba como resolver esas angustiosas carestías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario