O presidente do PP, Mariano Rajoy, afirmou que lle parece «triste e mezquino» que o Parlamento galego non exprese a súa solidariedade cunha persoa que foi agredida por exercer a liberdade de expresión e defender as súas posicións, en referencia a María San Gil.
Así se expresou Rajoy en rolda de prensa na sede da CDU en Berlín tras a súa reunión coa chanceler alemá, Angela Merkel, ao ser preguntado pola agresión que sufriu onte a presidenta do PP vasco, María San Gil, en Santiago de Compostela.
Tras explicar que falou hoxe coa dirixente vasca, criticou a reacción do Parlamento galego ante esa agresión por parte dunha «cuadrilla de persoas nada respectuosas cos dereitos dos demais» e opinou que se trata dun acto «impropio dunha democracia».
«Gustaríame que en casos así o PSOE e o BNG tivesen a grandeza e a mínima honradez de apoiar a San Gil e dicir a eses señores que son comportamentos impropios dunha democracia. Trátase das pequenas miserias da vida», agregou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario