martes, 5 de febrero de 2008

PRESENTACIÓN NACIONAL EN GUADALAXARA DA CAMPAÑA "ZP ESTANOS TOMANDO O PELO"


O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular, Nacho Uriarte, asegurou hoxe que ?co presidente do Partido Popular, Mariano Rajoy, os mozos volverán crer na política? porque ?cumprirá as súas promesas electorais a diferenza do que fixo o Goberno socialista durante esta lexislatura?. De aí, engadiu Uriarte, o novo lema da organización xuvenil ?urxentemente Rajoy?, presente na nova campaña que puxeron en marcha, ?Zapatero estanos tomando o pelo?.
Durante un almorzo informativo con medios de comunicación en Guadalaxara, Uriarte explicou que o obxectivo de pór en marcha esta campaña non é outro que ?denunciar os incumprimentos electorais do Executivo Socialista, como Zapatero mentiu aos mozos e como hoxe temos menos oportunidades e peor calidade de vida que fai 4 anos?.
Neste sentido, sinalou que, a través desta iniciativa os membros de Novas Xeracións repartirán uns dípticos con forma de CD?s polas rúas españolas que recollen 18 cuestións nas que Zapatero enganou aos mozos e a postura do PP en contra do canon dixital.
Por todo iso, en opinión do líder dos mozos populares ?é a hora da mocidade e do compromiso político?. ?Nós propomos unha forma de facer política baseada na eficacia, a ilusión, o futuro e a confianza nos mozos e proba diso é que o Partido Popular incluíu a 130 mozos nas listas do Congreso dos Deputados e o Senado?.
Nacho Uriarte concluíu a súa intervención asegurando que ?a mocidade española quere pasar páxina, mirar ao futuro e esquecer o revisionismo histórico ao que nos someteu o goberno de José Luís Rodríguez Zapatero?

No hay comentarios: