jueves, 17 de abril de 2008

XUNTA DIRECTIVA PROVINCIAL

O presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou hoxe, trala celebración da Xunta Directiva do PP provincial da Coruña, que o PP en A Coruña mellorou en oito puntos os seus resultados nas xerais sobre as eleccións municipais do 2007.
O presidente dos populares galegos, que presidiu a xuntanza, na que, entre outros temas, se analizou a evolución do voto na provincia en relación aos catro últimos encontros electorais, afirmou que despois de gañar as pasadas eleccións xerais, cunha porcentaxe de voto do 42,67%, o partido atópase en condicións para loitar en 2009 por consolidar o escano 12.
PPDEG GAÑA EN MAÍS DO 75% DOS CONCELLOS DA PROVINCIA
Núñez Feijóo subliñou que a pesar de levar tres anos na oposición en Galicia, de non contar desde hai cinco anos coa Deputación da Coruña e de non gobernar en ningunha das tres grandes cidades da provincia, o Partido Popular demostrou, nos últimos comicios do 9-M, que segue a ser a primeira forza política da provincia.
‘Nestes comicios –dixo-, avantaxamos aos PSOE en 1,66 puntos e 3 escanos, 1 deputado e 2 senadores, e ao BNG en 30,7 puntos e 6 escanos, 3 deputados e 3 senadores. Se extrapolamos estes resultados a unhas autonómicas, o PP, lonxe de perder algún escano na provincia, podería estar loitando polo número 12’.
O presidente do PP de Galicia considerou que estes resultados deixan ao partido nunha boa posición de cara as autonómicas, ‘xa que ademais de subir 8,13 puntos en comparación coas municipais de 2007 –lembrou-, o PP logra minorar de xeito considerable a baixada que sufrira nas xerais de 2004 e gaña en maís do 75% dos concellos da provincia’.

No hay comentarios: