Un 55% do alumnado galego oponse á redución dunha hora lectiva proposta pola Consellería de Educación para as asignaturas de Educación Física, Música e Filosofía no novo decreto que establece o currículo de Bachillerato.
Así o recolle unha consulta realizada polo Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) a través de 645 enquisas a alumnos de 1º e 2º de Bachillerato para coñecer a súa postura sobre os cambios nas citadas materias.
Os estudantes consultados consideran que coa redución "sería máis difícil abordar os contidos da materia". En concreto, a enquisa destaca que así o sostén un 71% de estudantes de Educación Física e un 80% de Música.
jueves, 24 de abril de 2008
Un 55% do alumnado galego oponse á redución horaria de Filosofía e Educación Física
Publicado por Novas Xeracións de Santiago de Compostela en 19:50
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario