jueves, 17 de abril de 2008

NOVA PORTAVOZ DO PP NO CONGRESO


A secretaria executiva da política autonomica e local do pp e man dereita de Mariano Rajoy, Soraya Saenz de Santamaria, será a nova portavoz do grupo popular no Congreso.
Soraya Saenz de Santamaria e unha das persoas de maior confianza de Rajoy, será a portavoz no congreso porque, e como explicou Rajoy, ten “ preparación, coñecementos, experiencia, porque traballa e porque ten moito empuxe e ilusión, que e moi importante agora”.
Xunto a Saenz de Santamaria estarán no congreso coma vicepresidentes Ana Pastor e Jorge Fernandez, e coma secretarios da mesa de esa cámara a Ignacio Gil Lazaro e Celia Villalobos.
Namentres, na cámara alta repite Pio Garcia Escudero, que contara co apoio de Juan Jose Lucas, Ramon Rabanera e Matias Conde, que acompañaran a Escudero no Senado durante esta lexislatura.
Tras coñecer o seu novo nombramento, Saenz de Santamaria asegurou que asume con “ dedicación, ganas, ilusión e esforzo” a Portavocia parlamentaria, que fara cunha oposición firme, contructiva, responsable e solida, pegada a rua, a xente, os seus problemas e as suas necesidades.
Saenz de Santamaria quixo transmitir o seu agradecemento a Rajoy e os seus compañeiros de partido polo seu apoio e confianza e dixo que espera traballar para non defraudarlles e merecer este respaldo.

No hay comentarios: