sábado, 10 de noviembre de 2007

Feijóo, seguro de que Galicia non votará ZP

"Os galegos non escollerán a Zapatero porque o Goberno tampouco elixiu a comunidade entre as súas prioridades", advirte o presidente do PPdeG.

AGN . A CORUÑA
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, abriu onte pola tarde na Coruña o que pode considerarse como o comezo da precampaña do partido en Galicia caras ás eleccións xerais de marzo. E fíxoo aventurando que "Galicia non vai escoller a Zapatero" porque, ó seu xuízo, o Goberno central tampouco escolleu a Comunidade galega cando tivo que ordenar as súas prioridades entre diferentes comunidades.
Núñez Feijóo referiuse ós estaleiros, a cota láctea, o AVE, a eliminación de peaxes ou a Cidade da Cultura, como exemplos de actuacións que se viron privadas, en favor doutras autonomías, da atención do executivo que presidente o socialista José Luis Rodríguez Zapatero.
O presidente popular precisou que A Coruña é a primeira cidade galega na que abre o balance destes catro anos de lexislatura de Rodríguez Zapatero, e emitiu como diagnóstico que este período de goberno socialista "son catro anos perdidos para os intereses xerais de Galicia e de España". Feijóo acusou o Goberno central de pórlle "freo ao autogoberno" e de ter "desmantelado o Plan Galicia", sobre o que dixo que "a única promesa cumprida" por Zapatero coa Comunidade galega foi "o Plan Galicia de mier..." descualificado no seu día pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez.



Mariano Rajoy, "a prosperidade"
Feijóo expuxo as dúas opcións que os galegos poderán escoller nas eleccións: "ou catro anos de socialismo ou catro anos de prosperidade e progreso liderados por un militante galego, Mariano Rajoy". O presidente popular estivo acompañado polos senadores Antonio Erias e Belén do Campo, pola deputada María Jesús Sáinz, o líder provincial do PP, Juan Juncal, e o portavoz local, Carlos Negreira.

No hay comentarios: