ESTUDIANTES LIBERAIS DE GALICIA VESE OBRIGADA A DESCONVOCAR A CONFERENCIA DE ALBERTO NÚNEZ FEIJÓO QUE TIÑA PROGRAMADA PARA HOXE, 4 DE DECEMBRO, NA FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS DA USC.
Ante os impedimentos que a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC ten posto para a celebración da conferencia organizada pola nosa Asociación, ELGA viuse obrigada a suspender hoxe mesmo dito acto.
O Departamento de Ciencia Política e da Administración, enviou onte pola noite, 3 de decembro de 2008 ás 20.22h unha comunicación notificando a imposibilidade de utilización do uso do Salón de Graos da devandita Facultade.
Máis de douscentos estudantes tiñan confirmada asistenacia a este acto ao que estaba invitado o Presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo.
ELGA quere transmitir as súas desculpas a todos aqueles que tiñan pensado acompañarnos nesta tarde en Santiago, así como ó Preseidente do Partido máis votado nas últimas eleccións autonómicas que sempre se amosou disposto a colaborar.
ELGA, Asociación inscrita no Rexistro de Asociacións Estudiantís da USC, seguirá apostando por levar á Universidade a persoeiros da vida política, académica, social e económica para conseguir que esta Institución sexa un verdadeiro foro de intercambio de opinión.
Neste senso voltaremos a organizar a Conferencia prevista en vindeiras datas.
jueves, 4 de diciembre de 2008
DESCONVOCADA A CONFERENCIA DE FEIJÓO
Publicado por Novas Xeracións de Santiago de Compostela en 18:12
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario