sábado, 24 de mayo de 2008
Rajoy, sen presa pero sen pausa
Publicado por Novas Xeracións de Santiago de Compostela en 14:04 0 comentarios
«Non existe xestión municipal senón un equipo de malabaristas»
Gerardo Conde, dacabalo entre Madrid e Santiago, observa un panorama municipal complicado, pero pon cara de cabreo cando se refire á actitude dos gobernantes centrais cara a Santiago. -«Mala xestión» foi a súa expresión máis repetida. -Iso está demostrado. De entrada, hai dous alicerces básicos da vida municipal que non existen: o PXOM e o orzamento. Non están aprobados definitivamente. É a primeira na fronte, pero logo podemos seguir e ver como está a tramitación de licenzas, as obras municipais por exemplo o parque de bombeiros, a casa das asociacións, a guardería do Tambre, a depuradora de Silvouta, o aeroporto de Lavacolla, a rotonda de Galuresa... E así poderiamos seguir. Non existe xestión municipal, senón un equipo de malabaristas que actúan no alambre de face ao público mentres a cidade perde posicións. Unha cidade que ademais, témome, vaise a colapsar coas obras de Galuresa.
- Cos orzamentos fará sangue. -Eu máis ben diría que se poden facer morcillas a ver se polo menos sacamos algo aprovechable. Creo que o dos orzamentos é para cubrirse de gloria. Temos un goberno local con maioría absoluta que é incapaz de poñerse de acordo para traer un orzamento ao pleno. E levamos como pouco seis meses de atraso. É intolerable porque produce atrasos na adjudicación de obras e perda de subvencións. E encima o concelleiro de Facenda no pleno non foi protexido por ningún grupo, nin sequera polo seu.
-¿Pensa que se vai a podrecer o parque de bombeiros? -O actual xa está podrecido. Visítenlo e verano. E o novo estase podrecendo á intemperie.
¿É tan complicado executar unha obra de tres millóns e medio de euros que se tivo que empantanar de tal xeito que tivo que intervir o Consello Consultivo? É lamentable. Dálles igual. E pasa con outras cousas como o parque do Espiño, que está bloqueado, a guardería do Tambre, a Casa do Asociacionismo, o cuartel da policía local, etcétera. Sigo buscando o legado de Bugallo a esta cidade, a obra emblemática. Agora quere renovar a Praza de Galicia, sen a contorna, cando con esa única iniciativa non se resolve nada.
- ¿Estreará o novo Lavacolla como deputado? -Non, seguro. Imos ver: en Lavacolla estamos volvendo a un réxime monopolístico de Iberia e iso nótase (abre o ordenador e mostra unha páxina de compra de billetes). Os billetes estanse encareciendo. Segundo, fóronse indo as outras compañías. Terceiro, o billete de baixo custo está moi ben, pero logo hai que pagar moitas outras cousas no punto de destino e hai crise económica. Como levanten voo esas operadoras, Lavacolla quedará en situación catastrófica. ¿Que sucederá? Que a obra da terminal supón un custo moi elevado e non se fixo aínda nada. Nesta legislatura non vai estar. E Aena, xa que vai chegar o AVE, pode pegarlle un pulido ao que hai e xa está. O que vai salvar ao Aero Club é que a terminal non se vai a facer.
-¿ E voará pronto o AVE? -Uns teñen o AVE desde o 92, cos vagones en fase de cambio, e nós aquí sen perspectivas. Van 16 anos. Me cabrea iso, paréceme humillante. Un día subinme ao tren que ía a Hendaya. Caéulleme a cara de vergonza do lixo completo que era aquel tren no que se levaban a última imaxe de Galicia e de España os peregrinos que alí ían. E en Santiago quitouse do PXOM parte do convenio con Adif que se meteu a última hora.
Publicado por Novas Xeracións de Santiago de Compostela en 11:43 0 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)